AUTOR Carlos Solla Varela , tamén coñecido como Calros Solla , (nado en Pontevedra o 2 de abril de 1971) é un filólogo, escritor e etnógrafo galego. Desde os anos 90 centra a súa actividade cultural na investigación e valoración do patrimonio material e inmaterial da Terra de Cerdedo (colección de ensaios Cerdedo na viaxeira) e, concretamente, no estudo e promoción do Monte do Seixo (Proxecto Montaña Máxica). Na súa faceta exploratoria, descubriu ou colaborou na descuberta, valorización e divulgación de máis dun cento de sitios arqueolóxicos na comarca de Terra de Montes (petróglifos, mámoas, castros...). No eido histórico, etnográfico e divulgativo, forneceu as coleccións Cerdedo in the Voyager e Solea Scripsit con vinte e nove títulos, entre os que destacan: Monte do Seixo. O santuario perdido dos celtas (2008), Así aprenderán a non ter ideas. Agrarismo, caciquismo e República en Cerdedo (2016), O legado dos homes pequenos. Gravados rupestres de...
Un libro sobre mulleres onde a traveso das protagonistas, se reflicten con meridiana claridade, e mais ala da ficción, as dificultades polas que tiveron que pasar as mulleres ao longo da historia, tratando de atopar o seu lugar nunha sociedade patriarcal que impuxo a medida de todo: desde a moralidade ata a sabedoria.
ResponderEliminar“....Un día do século XVII, que en ningunha crónica se menciona, a carruaxe de Cristina de Suecia, detense frente dunha casucha en Ámsterdam.
¿Que fai alí?
Xa sabemos que a dama real, moi corda non está, que é tan feliz cos mozos como coas mulleres novas, que de exercer de esposa e nai nin pensar, por iso abdicou. Por non falar da súa fascinación por ese filósofo de moda, René Descartes, que acaba de morrer no seu castelo... A casucha en cuestión pertence a Hélène Jans, unha respectada comadroa, mestra en herbas e tamén amante de Descartes. Cristina ven a coñecela.
Tres séculos despois, a estudante de filosofía Inés Andrade descobre un vello cofre no faiado da súa casa e, ao abrilo, queda abraiada: dentro hai cartas filosóficas, pos para secar bágoas, cancións graciosas dunha raíña sueca e o Libro dos Remedios dunha tal Hélène Jans. Do fondo do cofre sae un potente aroma a dulcamara e framboesa, e ao ollar cara a dentro, Inés ve unha barraca coas fiestras rotas, finalmente libre para relatar séculos de irmandade, coidado e sabedoría feminina retida na pota. Dentro, unha raíña tola e unha bruxa continúan a súa filosofía....”
Non te quedes na trama, vai mais ala.
Quizais te acerques a pensar, como sería o noso mundo agora; se antes nos escoitáramos, se nos permitíramos ler e escribir, investigar, viaxar, falar. Pode que entón, xa nós teriamos deixado atrás, as esixencias de liberdade individual e sobre todo, a verdadeira emancipación.
Recoméndoo encarecidamente.