DECALOGO

 

Este decálogo non pretende dicir como crear ou participar nun club de lectura, só serve como base da que partir para o seu propio funcionamento.

 

Unirse ao Club é gratuíto, para ser socio ou socia do Club de Lectura tan so é necesario anotarse e a ser posible asistir as sesións. Se non es, pero queres asistir a unha sesión concreta, escríbenos e farémosche sitio.

O número de persoas participantes pode ser limitado para crear un ambiente de confianza e permitir a participación de todas as persoas presentes.

Reunímonos unha vez ao mes os luns ou os mércores no espazo da biblioteca publica de Cerdedo, preferiblemente polas tardes, en coincidencia horaria coa do propio centro.

En cada xuntanza haberá alguén (de ser posible), que recolla e transmita ao grupo a mensaxe contida no libro, e formule preguntas na sesión que fomenten a participación de todos e todas.

Se proporá unha lectura cada mes, que en xeral serán de autoras e autores galego ou castelanfalantes. Alternaremos os éxitos consagrados, novidades literarias e suxestións dos e das participantes do Club. Ao final de cada sesión, todas as persoas presentes acordarán o traballo para a seguinte sesión.

A sesión consistirá en compartir o que máis nos gustou (ou o que non), a lectura en voz alta de pasaxes que nos emocionaron, personaxes que nos chamaron a atención, o contexto histórico da obra e calquera outro comentario ou anécdota sobre a mesma.

Non temos a obriga de comentar o traballo, pero animámonos en cada sesión a enriquecernos coas nosas achegas.

Algunha lectura pode levarnos a compartir unha experiencia persoal, así que o que se conta no Club de Lectura, queda no Club de Lectura.

Gustaríanos crear dinámicas de participación saudables e estimulantes nas que practiquemos a escoita activa e a participación respectuosa, con quendas de fala equilibradas e respecto ás opinións.

O Club de Lectura comeza con este decálogo, pero encantaríanos evolucionar e crecer xunto coas nosas achegas.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Debate sobre do libro Saberes de María Da Vrea