HISTORIAL

 


AUTORA

María Reimondez Meilán nada en Lugo en 1975, e una escritora galega, feminista e doutora en tradución e interpretación pola Universidade de Vigo. Cultiva tanto a narrativa e a poesía como o ensaio e o teatro.

 Obras destacadas:

POESÍA

-Presente continuo (Xerais, 2013)

LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

-Volvo! Ou o regreso de Usha (Xerais, 2014).

-Corredor (Xerais, 2017)

-Furia (La esfera de los libros, 2024)

ENSAIO

-Á casa do meu amo. Unha análise do discurso colonial e racista na literatura galega (2024). Vigo: Xerais.

NARRATIVA

-O club da calceta (Xerais, 2006. Publicada en italiano, como Il club della calzetta, editorial Gran Via, 2007, en castelán, como El club de la calceta, editorial Algaida, 2008, e en francés, como Le Club du tricot, en editorial Solanhets, 2015). Novela.

-De ou conflito (Xerais, 2014). Novela.

-Á música dous seres vivos (Xerais, 2015). Novela.

-Dubida (Xerais, 2016). Novela.

En canto á novela coa que HABELAS HAINAS  comeza a súa andaina, nesta primeira lectura optamos pola narrativa de María Reimóndez, que nesta historia dá voz a mulleres que, a pesar das súas diferenzas, conseguen atopar na unidade a forza necesaria para superar un presente de negación e desprezo. Cun estilo vivo que fai da lectura unha experiencia entretida e, ás veces, mesmo hilarante, a autora de "O club da calceta" ofrécenos unha relata, que máis alá da sorpresa que provoca, saca á luz unha profunda reflexión e invítanos a repensar a condición feminina dun xeito diferente. Inspiradas na figura liberadora da tía Davinia, as protagonistas comparten as súas vivencias desde unha perspectiva múltiple, que desentraña os fíos dunha sociedade machista.

 

 

PERSONAXES:

MATILDE,  e sobriña da tía Davinia, nunha das súas visitas á casa da súa nai, descobre obxectos no trasteiro que pertencían á súa tía. Todo isto axúdalle a comprender un pouco mellor á muller que ás veces se lle aparece para lembrarlle que está no seu poder cambiar a súa vida e superar o seu complexo de grossa. Para enfrontalo, decide empezar  por montar unha tenda de la.

ANXOS, é unha profesora universitaria, afín ao marxismo e ao feminismo. Non esperaba acabar vivindo unha vida monótona en parella, na que os valores que esperaba atopar quedaron no caixón do esquecemento. Estando no club remata deixando ao seu marido e a actividade política.

REBECA, tivo que soportar que o seu xefe a trate como un obxecto e que o seu mozo non negue que estea con outra persoa ao mesmo tempo ca ela. Acaba cambiando de traballo, independizándose e deixando ao seu non mozo de forma definitiva.

ELVIRA, dedicou toda a súa vida ao coidado da igrexa da súa parroquia, entre ela é a súa amiga Antonia, limpan a igrexa baixo a dirección do cura Serafín, nos momentos de reflexión se da  conta de que a ela gustaríalle ser cura. É ademais  a monitora do grupo.

LUZ, ela é unha prostituta, a personaxe máis maltratada de todas, gústalle ler e escribir. Deixa o club no que traballa, e monta xunto con Rebeca unha empresa de asesoramento para mulleres emprendedoras.

FERNANDA, e unha muller con discapacidade, a que lle falta unha perna. Coa axuda do seu home consegue o permiso de conducir, cumprindo así o soño da súa vida ser condutora de autobuses, ela loita por evitar que a miren mal e que o mesmo home, o condutor do autobús, a insulte sempre.

Habería unha sétima personaxe, a tía Davinia, unha  pantasma que desencadea a acción, e actúa sobre a conciencia da súa sobriña Matilde, a súa historia percorre todas as páxinas da novela, e a recuperación da súa memoria convértese nun proxecto común. 

A trama de "O club da calceta" xira arredor de seis mulleres moi diferentes que se coñecen grazas á asistencia  dun curso de calceta e outras labores, alí nese lugar de encontro onde converxen as súas frustracións, pero ao mesmo tempo acharon ese espazo para a reflexión. Tomando conciencia da súa situación e da necesidade de enfrontala, a pesar das súas diferenzas, loitan por atopar a forza necesaria para deixar de lado, un pasado que as negaba ou menosprezaba, superando as penas e desigualdades das súas vidas. A novela destaca o poder da fraternidade e a solidariedade entre as mulleres, para afrontar os desafíos e construír un futuro mellor.

O libro culmina con triunfos persoais e profesionais das seis protagonistas, demostrando a capacidade das mulleres para superar os atrancos a través da unidade e a determinación.

 

OPINIÓNS DAS E DOS PARTICIPANTES NO CLUB DE LECTURA:

REGINA: A actividade da calceta e unha figura metafórica, as protagonistas non só fían as súas prendas, senón que van construíndo unha nova vida e unha gran amizade.  A” presencia” da tía Davinia parece ser a mecha que necesitan estas seis mulleres para superar calquera obstáculo e para deixar a un lado todo aquelo que as subestima.

MARICARMEN: Encantoume, lese moi fácil, a min enganchoume desde o principio, a mostra de distintos tipos de mulleres que aí na sociedade e a súa unión fronte a vida, a mutua axuda entre elas. Encantoume ese final.

LOLA VARELA: Realmente gustoume, non extremadamente pero ben.

Considero que está moi traballada a estrutura do relato ao titular cada capítulo cunha das partes do xersei que aparece completo ao final, como metáfora da unión das mulleres  "Xuntas somos máis". Tamén que o texto intrigante que pon ao comezo de cada capítulo se solucione ao final, quedando libres as 6 mulleres do machismo e discriminación que padecían. 

Intenta reflectir unha variedade de mulleres para que todas nos vexamos involucradas e confiemos na nosa solidariedade para saír adiante. 

É interesante que o modelo a seguir sexa a tía Davinia, da que imos descubrindo que foi unha muller rompedora e valente. 

Que todas consigan liberarse é algo idealista, pero imaxino que a autora quere dar unha imaxe optimista. Hai xente que lle critica que sendo unha obra feminista poña as mulleres a facer calceta. Primeiro a min non me parece mal a calceta, pero ademais penso que escolle esa actividade para dicirnos que desde calquera situación, incluso as máis tradicionais, as mulleres podemos tomar conta de nós e reivindicar os nosos dereitos.

   

  

AUTORA

Susana Sánchez Arins naceu en (Vilagarcía de Arousa, 11 de maio de 1974) pero criouse e creceu no Foxo (A Estrada). É licenciada en literatura medieval do século XI e en Filoloxía Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Imparte docencia en educación secundaria obrigatoria. É membro da plataforma de crítica feminista A Sega e presidenta da organización non gobernamental Implicada no desenvolvemento.

Obras destacadas:

POESÍA

-(de) construçom, Espiral Maior, 2000.

-Aquiltadas, Astillero, 2012.

-A noiva e o navío, A través de Editora, 2012.

-Carne da minha carne, 2018

NARRATIVA

-Seique, Editorial Conatus, 2019

POESÍA / NARRATIVA

-Tu contas e eu conto, Através Editora, 2018

-Cinco corujas, Através Editora, 2023

 

Seique  e o titulo que trae a  Susana Sanchez  a compartir coa súa presenza no seno de HABELAS HAINAS a tarde de este xoves 30 de maio. A lectura de esta obra sendo difícil de definir ou clasificar, sen ser na súa totalidade unha poesía, novela ou ensaio, quizais  a deberiamos catalogar como a mestura de todo o anterior, centrada nunha historia de vida insignificante e anónima onde se aborda unha reflexión sobre a desmemoria e as maneiras de contala. Baseada nas persoas da familia da autora que o mesmo tempo foron vítimas e verdugos, a narradora en un exercicio de indagación que semella unha novela de xénero policial, aproveita tales circunstancias para ir deixando caer, nun ton reivindicativo ditos populares e cancións de protesta.

TRAMA

Nesta obra, Susana ofrécenos materia para a reflexión,  mentres busca curar as dramáticas feridas inflixidas polos seus propios antepasados. En anacos, revela as desgrazas e os traumas da súa propia familia, sacando á luz a historia oculta do seu tío avó "Manuel García Sampayo", quen, aínda que non figura nos documentos históricos, foi  simplemente outro fascista mais especializado en paseos e sacas, ou, noutras palabras, outro fantoche útil sementando o medo.

A autora  tamén nos insta a reflexionar a todas e todos os lectores, malia toda a dureza que se agocha dentro das páxinas da súa propia obra, sobre os traumas ocultos dos nosos e nosas antepasados, cando nun acto de coraxe, ela mesma fai pública a historia da violencia do seu tío Manuel e as súas vítimas.

Unha lectura obrigada deste libro, é a profundidade coa que aborda a invisibilidade das mulleres na historia e como o sistema patriarcal as excluíu.

Nunca esqueceremos e deixaremos de  agradecer a  presenza da autora, no debate suscitado por esta obra dentro de Habelas Hainas. Grazas, Susana, por compartir e falar abertamente da túa propia realidade. Foi un verdadeiro pracer poderte coñecer e escoitar.

OPINIÓNS DAS E DOS PARTICIPANTES NO CLUB DE LECTURA:

 

 

  

 

 

AUTORA

Bibiana Candia naceu en (A Coruña en 1977) É unha poeta, escritora e xornalista. Estudou Filoloxía Hispánica e posteriormente traballou na Universidade da Coruña. Viviu en Berlín de 2011 a 2021. Como xornalista, colabora con Jot Down, Letras Libres e The Objective. Polo seu traballo de divulgación, gañou o 27º Premio Carmen de Burgos de Divulgación Feminista outorgado pola Universidade de Málaga en 2020 e o 42º Premio da Fundación Internacional de Xornalismo Julio Camba en 2021.

 

Obras destacadas:

POESÍA

-La rueda del hámster (Ediciones Torremozas, 2013).

-Las trapecistas no tenemos novio (Ediciones Torremozas, 2016).

REFLEXION METALITERARIA

-Fe de erratas (Ediciones Franz, 2018).

NARRATIVA

-Azucre (Pepitas de Calabaza, 2021).

 

A lectura que HABELAS HAINAS propón nesta ocasión de  AZUCRE que ven a ser a primeira novela escrita por Bibiana, conta a historia real dos 1.700 mozos galegos que traballaron como escravos na industria azucreira cubana a finais do século XIX. A novela foi galardoada co Premio Nollegiu ao mellor libro narrativo en castelán en 2021, co V Premio das Librarías de Navarra ao mellor libro en castelán en 2021, co Premio á mellor obra escrita en castelán no 35º Festival du Premier Roman du Chambèry e co Premio Espartaco na Semana Negra de Xixón

TRAMA

Na Galiza de 1853 no transcurso do inverno mais chuvioso da historia, que termina por esnaquizar as colleitas, e por si fora pouco unha epidemia de cólera non deixa de facer estragos na poboación. Dado que o futuro presentábase coma moi duro e incerto, para afrontalo doutro xeito:  O Tísico, O Rañeta, Trasdelrío, o Comido, o coruñés Tomás, e Orestes Veiga, un dos protagonistas da novela, deciden emigrar a Cuba na procura dunha vida mellor.

 Naquela Galiza asolagada pola fame, as enfermidades e as penurias, a única saída para os mozos protagonistas de Azucre, parecía ser viaxar ao Novo Mundo para conseguir as condicións laborais das que carecían na súa terra natal.

Orestes Veiga nunca existiu; foi un personaxe ficticio creado pola escritora, pero é precisamente esta inexistencia histórica a que o converte nun suxeito transcendente e prototípico, que encarna todos os contratempos que acosaban aos mozos migrantes, que cheos de fe e esperanza soñaban unha maña mellor, romanticismo que se foi pola borda,  desde o mesmo momento en que o barco, izou as velas en busca de ventos favorables para cruzar o océano. Era o avance de  "o azucre faise co sangue" proverbio cubano citado na novela.

Urbano Feijóo de Sotomayor, tamén galego, empresario e traficante de escravos asentado na illa, tivo a idea macabra de reducir os custos laborais dos traballadores negros, substituíndoos por compatriotas na súa empresa azucreira. O experimento de Feijóo acabaría sendo un verdadeiro crime, unha boa parte dos 1.700 esperanzados e ilusos mozos que chegaron á illa,  morreron nas penosas  instalacións. E cando a empresa do despiadado empresario (este si existía de verdade) quebrou, a forza laboral restante foi transferida a outras empresas que impuxeron xornadas de traballo draconianas, aínda máis intensas e esixentes que as anteriores.

Azucre, e unha novela ben contada, que recupera un pasado escuro da nosa historia e que nos mergulla de cheo no terrorífico mundo do imperialismo e a conquista territorial do século XIX, a traveso das súas paxinas, sentes e experimentas de principio a fin, a voz dos silenciados de este terrible suceso, que no seu momento foi un auténtico escándalo, que deixa unha sabor amarga nos corazóns de quen a le, por iso e moi necesario, que a memoria de hoxe e maña non deba esquecer nunca semellantes feitos.

Azucre,  fere e rompe os sentimentos e desexos das galegas e galegos, doe coma se fora outra rama vigorosa mais, arrancada pola forza do engano de calquera carballo cheo de vida e futuro, de unha das nosas fermosas carballeiras.

OPINIÓNS DAS E DOS PARTICIPANTES NO CLUB DE LECTURA:

 

  

  

 


 

 

AUTOR

Eduardo Mendoza Garriga naceu en (Barcelona no ano de  1943) Estudou Dereito, ocupou varios empregos e acabou como intérprete na ONU en Nova York, Xenebra e Viena.. Aínda que o seu principal xénero literario é a novela, tamén escribiu ensaios e relatos. Traducida a varias linguas, a súa obra esta ambientada xeralmente en Barcelona e comezou coa publicación da novela A verdade sobre o caso Savolta en 1975, amosa un estilo que mestura elementos da novela gótica, a ciencia ficción e a novela negra, así como un particular sentido do humor, a sátira e a parodia.

Obras destacadas:

NOVELA

-1975 La verdad sobre el caso Savolta

-1978 El misterio de la cripta embrujada

-1989 La isla inaudita

-1991 Sin noticias de Gurb 

 -1992 El año del diluvio

-2006 Mauricio o las elecciones primarias

-2010 Riña de gatos. Madrid 1936

-2024 Tres enigmas para la Organización

RELATOS

-2009 Tres vidas de santos

-2011 El camino del cole

TEATRO

-1990 Restauración

-2004: Grandes preguntas

ENSAIO

-1986 Nueva York

-2007 ¿Quién se acuerda de Armando Palacio Valdés?

-2017 ¿Qué está pasando en Cataluña?

A lectura que HABELAS HAINAS propón para a próxima xuntanza da novela de Eduardo Mendoza é:  Sin noticias de Gurb.  Según o propio autor, "é sen dúbida o libro máis excéntrico que escribín xamais, non hai nin un só rastro de melancolía nel, é unha ollada ao mundo abraiada, algo impotente, pero sen un ápice de traxedia ou censura."

Sin Noticias de Gurb está ambientada en Barcelona mentres a cidade se prepara para os Xogos Olímpicos de 1992, a novela inclúe comentarios sobre o proxecto de construción que rodea a cidade. Mendoza, critica e comenta con frecuencia a sociedade española e barcelonesa, utilizando detalles locais sobre o estilo de vida barcelonés.

A natureza desta historia é a sátira e a paradoxo, o autor transforma a cidade absurda e cotiá, no escenario dun carnaval que revela a verdadeira cara da humanidade contemporánea, e destapa tamén a aguda conciencia artística do escritor.

TRAMA

O libro conta a historia da busca dun extraterrestre perdido na Barcelona preolímpica, o alieníxena Gurb  tras adoptar a aparencia de Marta Sánchez, emprega a súa estraña habilidade para adoptar calquera aparencia que lle pete para axudar a sobrevivir. A través do seu diario persoal, coñecemos as incribles aventuras dun alieníxena na cidade. O narrador non é Gurb, senón outro extraterrestre que vai na súa procura, tras converterse no conde-duque de Olivares, aínda que a súa aparencia cambia a medida que avanza a trama, converténdose en personaxes como Miguel de Unamuno, Paquirrín, Isoroku Yamamoto, o duque de Kent ou Alfonso V de León, e cuxo diario constitúe a guía da narración. O protagonista comeza a historia con ideas e obxectivos que cambian a medida que muda para adaptarse ao xeito de vida no planeta.

Recomendable para á xente que non adoita ler, un bo libro para comezar a introducirse no mundo da lectura, que trata sobre: antropoloxía, crítica social, sociedade, extraterrestres, humor, ... Creo que se debería ler cando se teñen uns 14 anos, para que esteas nese punto no que aínda es un pouco inxenuo, pero aínda así serás capaz de entender todo o que está escrito. Un libro excelente para rir e do que gardar boas lembranzas.

OPINIÓNS DAS E DOS PARTICIPANTES NO CLUB DE LECTURA:

LOLA VARELA: Aínda que non e dos xéneros preferidos por min o da ficción, o libro e interesante por varias razóns, é divertido e a xente nova leo moi ben, pero ademais ten unha boa dose de sarcasmo e ironía para poder criticar aspectos da nosa sociedade (agora algúns un pouco anticuados), como iso de facer da vida unha rutina e deitarse con borracheira e ter resaca pola maña, ou tamén as dificultades do amor. Isto por parte do comandante, porque gurb está a gusto e quere quedar.

Esta novela e como si nos puxeran un espello diante para ver e analizar como vivimos. Así que, divertida, breve e de fácil lectura.

 


AUTOR

Domingo Villar Vázquez naceu en (Vigo no ano de  1971) nunha familia adiñeirada vinculada a unha empresa química, desde neno foi un lector entusiasta, que Lembra que o primeiro libro que realmente o impactou foi A illa do tesouro de Stevenson. Quixo estudar Filoloxía ou unha carreira similar relacionada coa literatura, pero, ante a necesidade de continuar co negocio familiar, finalmente estudou Administración de Empresas en Madrid. Máis tarde, decidiu facer un máster en empresas audiovisuais, coa idea de escribir para cine e televisión.

Comezou a traballar nunha produtora ata que, influenciado por Andrea Camilleri, decidiu escribir unha historia detectivesca ambientada na súa cidade natal.

Novelista galego de novela negra, que escribiu en galego os seus libros, os cales foron traducidos a varias linguas. Faleceu o 18 de maio de 2022, aos 51 anos, por mor dun ictus.

Obras

-2006 Ollos de auga, ed.Siruela

Traducido a:

     -Inglés, Water-blue eyes

     -Alemán, Wasserblaue Augen

     -Italiano, Occhi di acqua

     -Sueco, Nattens mörka toner

-2009 A praia dos afogados, ed.Siruela

Traducido a:

     -Inglés, Death on a Galician shore

     -Alemán, Strand der Ertrunkenen

     -Sueco, De drunknades strand

     -Francés, La plage des noyés

-2019 O último barco, ed.Siruela

-2021 Algúns contos completos, ed. Galaxia

-2023 Síbaris, ed.Siruela. (obra de teatro póstuma)

 

 

A lectura que HABELAS HAINAS propón nesta ocasión e a novela de Ollos de auga de Domingo Villar. Con esta a súa primeira novela publicada en 2006, comeza a súa andaina na narrativa policial en galego, presentando o inspector Leo Caldas,  un personaxe solitario e tímido ao que lle gusta pasear polas rúas de Vigo pola noite, fumador e amante do viño branco, gústalle contemplar o mar e escoitar música en clubs de jazz, colabora con pouco entusiasmo, nun programa de radio, o seu axudante é Rafael Estévez, un zaragozano ao que lle custa relacionarse cos galegos e o seu sarcasmo. Esta obra combina: suspense, personaxes orixinais, ambiente urbano e humor nas doses precisas que esixe o xénero negro.

TRAMA

A estraña parella que forman, Caldas é Estévez ten a tarefa de investigar o asasinato dun mozo saxofonista que os leva ás noites de tabernas e clubs de jazz.

OPINIÓNS DAS E DOS PARTICIPANTES NO CLUB DE LECTURA:

CRISTÓBAL FERNÁNDEZ: Anque o xénero policial non soe ser do tipo dos que mais me entusiasman, teño que recoñecer que Domingo Villar nesta obra consegue engancharme, con ese suspense tan peculiar do autor o con eses toques de humor que parece que dan un frescor ao que é a trama. 

LOLA VARELA: Coincido coas palabras de Cristóbal, ademáis paréceme moi interesante esa mestura que fai dos mundos tan diferenciados: o dos grandes empresarios e o dos baixos fondos.

A introdución do tema da diversidade sexual é tamén de agradecer. É que poidamos coñecer Vigo da man do protagonista esta moi ben.

O dúo Leo Caldas é Rafael Estévez resulta moi atractivo con caracteres tan distintos. Interesantes palabras de Leo cando di: “a un home se lle pode coñecer polo que bebe e polo que le”.

Nunha novela pequena como esta non poden caber mais cousas, porque vai introducindo diferentes temas: a música, a radio, os viños, as relacións amorosas, os lugares de Vigo, outras novelas, o mar, a química do Porriño, ...

Moi recomendable por suposto.

 

 

 


AUTORA

Dolores Redondo Meira naceu en (Donostia no ano de  1969)nunha familia humilde de orixe gallega, asentada no País Vasco. O seu pai era mariñeiro e a súa nai ama de casa, é a maior de catro irmáns. Contou a miúdo que o seu amor pola lectura naceu debido a unha serie de traxedias familiares, que a obrigaron a buscar refuxio nela, unha das súas irmás morreu de leucemia cando ela tiña dous anos, máis tarde, un dos primos da súa nai morreu nun accidente de coche, e logo o seu tío, compañeiro de traballo do seu pai, morreu dun ataque cardíaco. Leva escribindo dende os catorce anos, comezou a estudar Dereito na Universidade de Deusto (aínda que nunca o rematou) e restauración gastronómica en San Sebastián. Traballou en varios restaurantes e foi propietaria dun, mesmo antes de dedicarse profesionalmente á literatura. Comezou a súa carreira literaria escribindo relatos e contos infantís. En 2009, publicou a súa primeira novela.

Declarase como seguidora de: Agatha Christie, Norman Mailer, Raymond Chandler, Henry Miller y P.D. James. A súa  satisfacción cando escribe é sorprender, goza do que fai inventando personaxes que creen tendencia, ter voz propia e ser consciente do privilexio de ter tantas historias, tantos personaxes agardando a ser contados. 

Obras

-Los privilegios del ángel (Eunate, 2009)

-Trilogía del Baztán (Destino, 2015), recopilación de las tres siguientes obras:

             -El guardián invisible (Destino, 2012)

             -Legado en los huesos (Destino, 2013)

             -Ofrenda a la tormenta (Destino, 2014)

-Todo esto te daré (Planeta, 2016)

-La cara norte del corazón (Destino, 2019)

-Esperando al diluvio (Destino, 2022)

-Las que no duermen NASH (Destino, 2024)

A lectura que HABELAS HAINAS dedica nesta ocasión a novela Todo isto che darei de Dolores Redondo é unha tradución o galego da obra que foi galardoada co Premio Planeta. Unha intriga hipnótica que nos leva de viaxe pola Ribeira Sacra galega. É unha novela cativadora grazas á súa trama, ai misterio, intriga, engano e moitos segredos, que ás veces fan vulnerables personaxes aparentemente sólidos e fortes. Unha novela que fala do poder das familias de clase alta e da corrupción de certas institucións.

Sorprende coas súas descricións ambientais e a súa impresionante trama lévate a un final inesperado. Cun rigor admirable, entrelaza cada detalle relativo á paisaxe dese mundo sometido ao peso dos costumes e tradicións ancestrais.

 

TRAMA

Manuel Ortigosa, un famoso escritor, está a rematar a súa última novela na súa casa de Madrid cando recibe a noticia de que o seu marido Alvaro, no maxestoso escenario da Ribeira Sacra, sofre un accidente que acabará coa súa vida. Cando chega a Galicia para examinar o corpo, descobre que a investigación do caso se pechou demasiado rápido. O rexeitamento da súa poderosa familia política, os Muñiz de Dávila, lévao a fuxir, pero el vese freado polo argumento contra a impunidade que Nogueira, un oficial retirado da Garda Civil, exerce contra a familia de Álvaro, nobres acaparados polos seus privilexios, e pola sospeita de que esta non é a primeira morte no seu círculo que se disfraza de accidental.

Lucas, sacerdote e amigo da infancia de Álvaro, únese a Manuel e Nogueira na reconstrución da vida secreta do home que crían coñecer ben. A inesperada amizade destes tres homes sen afinidade aparente axuda a Manuel a navegar entre o amor polo seu marido e o tormento de ter vivido de costas á realidade, protexido pola fantasía do seu mundo de escritor. Así comeza a busca da verdade, nun lugar de fortes crenzas e costumes arraigados onde a lóxica nunca conecta os puntos.

OPINIÓNS DAS E DOS PARTICIPANTES NO CLUB DE LECTURA:

 

 

 

 


  

AUTOR

Domingo Villar Vázquez

 

Esta segunda  lectura de este escritor que HABELAS HAINAS  acorda nesta ocasión e O último barco, a terceira novela da triloxía que se iniciou en Ollos de auga. En esta o autor, tece unha historia matizada, onde as relacións persoais e o contorno xogan un papel vital no desenvolvemento da investigación.

A novela desenvólvese lentamente, permitindo ao lector mergullarse na atmosfera galega e coñecer aos personaxes principais e secundarios. O inspector Caldas, coñecido pola súa calma e método, asume un caso que o leva a explorar as relacións familiares, os prexuízos e a hipocrisía que poden agocharse tras unha fachada de normalidade.

En resumo, "O último barco" é unha novela que combina unha investigación policial cunha profunda exploración das relacións humanas e da atmosfera galaica, mostrando como as aparencias poden enganar e que, ás veces, as augas máis tranquilas agochan as correntes máis perigosas.

TRAMA

Xira arredor da desaparición de Mónica Andrade, filla dun recoñecido médico, nunha pequena vila costeira de Galicia. O inspector Leo Caldas investiga a ausencia de Mónica, xa que non se presentou a unha comida familiar nin á súa clase de cerámica na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Aínda que nada parece perturbar a vida de Mónica, Caldas descobre que baixo a aparente calma agóchanse segredos e perigosas correntes subterráneas.

A trama faise máis espesa a medida que Caldas descobre detalles sobre a vida de Mónica e a xente que a rodea, incluídos artesáns, mariñeiros e xente do pobo.

OPINIÓNS DAS E DOS PARTICIPANTES NO CLUB DE LECTURA:

 

  

 


  

AUTORA

Inma López Silva naceu en (Santiago de Compostela no ano 1978) É escritora española en lingua galega, profesora, investigadora e crítica teatral.

Licenciouse en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Filoloxía na mesma universidade coa súa tese "Sistema teatral e institucións. O caso galego". Tamén é investigadora e crítica teatral. Colabora habitualmente nas revistas Citania, Grial, Revista Galega de Teatro e Primer Acto, así como no xornal El Correo Galego. É membro do consello editorial de Dorna.

En 2012, entrou en política, presentándose con Compromiso por Galicia as eleccións ao Parlamento de Galicia é no 2014 ás do Parlamento Europeo.

Algunhas das súas obras

-Rosas, corvos e cancións (2000, Galaxia)

-Concubinas (2002, Xerais)

-Neve en abril (2005, Galaxia)

-New York, New York (2007, Galaxia)

-Memoria de cidades sen luz (2008, Galaxia)

-Aqueles días en que éramos malas (2016, Galaxia)

-O libro da filla (2020, Galaxia)

-Quen non ten un avó fascista? (2022, Galaxia)

Este libro que HABELAS HAINAS propón, que é de agradecer que parta dun poema de Cunqueiro.  Oscila entre a memoria familiar, a ficción e o relato histórico da vida do avó da autora , alcalde dun pequeno concello rural durante a época de Franco. A través del, cóntanos unha historia que se centra nos perdedores, fuxindo do aspecto que tantas veces constrúe a nosa lectura da guerra e as dificultades que xerou, apartando o foco da maioría que simplemente sobreviviu como puido.

Conta a súa maneira, a historia política de Galicia na segunda metade do século XX, dando unha explicación aos silencios, medos e vergoñas

 

 

 

TRAMA

A novela aparece segmentada en capítulos con títulos que fan referencia á época do franquismo. “A España dos desdentados”, “Familia de toupas”, “Camisa azul”, “Guerrilleiros fuxidos”, “O Silencio”, “Na retagarda non sobreviviron os valentes”, estes acompañan a progresión da vida do avó, que se conta desde a infancia, coa aparente pretensión de engader cor a aquela época de miseria económica e moral que foi a ditadura.

En poucas palabras, o enredo presenta unha voz narradora que navega polo pasado nun intento de saber quen foi realmente a persoa  do seu avó un alcalde fascista durante o franquismo.

OPINIÓNS DAS E DOS PARTICIPANTES NO CLUB DE LECTURA:

LOLA VARELA: Na miña opinión tratase de xustificar algo que non ten xustificación. O seu avó foi alcalde durante o franquismo e poderemos comprendelo máis ou menos pero eu non o xustifico cando outras persoas sufriron cadea, torturas a morte ou o exilio.

Iso non quita que poidas escribir unha boa novela sobre alguén franquista da túa familia.

Finalmente, tampouco me gustou o relato que, para min, está feito para falar  constantemente dela e da súa vida persoal.

 

 

 

  

 


 

  

AUTORA

Ledicia Costas Álvarez naceu en (Vigo no ano 1979)  avogada e escritora en lingua galega de literatura infantil e xuvenil, así como de ficción para adultos. É unha das autoras máis recoñecidas e traducidas da literatura galega, e os seus libros reedítanse constantemente. A súa primeira novela publicada foi Unha estrela no vento, libro que escribiu na adolescencia.

Conta de ela mesma: que de nena, o que máis lle gustaba era ler, arrancarlles os arames ás bonecas, comer chocolate e visitar cemiterios. Que estudio Dereito  exercendo  a avogacía durante uns anos, pero que o deixou para dedicarse de cheo á literatura,  que a fai máis feliz. Afirmando que as mellores historias son as que se escriben coa cabeza, pero sobre todo, co corazón.

Algunhas das súas obras:

Poesía

 -Ultraluz (2022,Xerais)

Literatura infantil e xuvenil

-Unha estrela no vento (2000, Xerais)

-O corazón de Xúpiter (2012, Xerais)

-Escarlatina, A cociñeira defunta (2014, Xerais)

-Esmeraldina, a pequena defunta (2016, Xerais)

-A señorita Bubble (2017, Xerais)

Ficción para adultos

-Golpes de luz (2021, Xerais)

-Pel de cordeiro (2024, Xerais)

Este libro que HABELAS HAINAS propón nesta ocasión Golpes de luz,  unha novela tenra e humorística sobre os segredos das vidas de tres xeracións na Galicia rural: o narcotráfico na Galicia dos anos 90, os coidados e a busca da verdade enmarcan a historia. Malia o que poida parecer ao principio, Golpes de luz é unha novela amable, con moita dozura e momentos moi divertidos onde, sen renunciar á crítica, a lectura faise amena, dixerible e permítenos afrontar a vida sen necesidade de soportar un novo drama ás nosas costas.

 

 

TRAMA

A novela segue a Xulia, unha xornalista recen separada que retorna á o seu pobo natal en Galiza co seu fillo Sebas, quen cre que a súa avoa, Luz, é o deus Thor. Xulia ten unha espiña cravada porque descoñece o que lle pasou realmente ao seu pai hai anos, cando marchou da casa para nunca volver, sospeita que a súa nai non lle contou toda a verdade. Xuntos, os tres contarannos o pasado e o presente da historia desta pequena familia, mentres lidia con segredos familiares e o impacto do tráfico de drogas na súa comunidade.

OPINIÓNS DAS E DOS PARTICIPANTES NO CLUB DE LECTURA:

LOLA VARELA: Gustoume como aborda o tema do narcotráfico, do consumo tóxico das drogas, así como outros temas máis persoais: como a separación da parella, ó “bullying escolar” e as enfermidades mentais.

Está moi conseguida a narración a tres voces. Eu quédome coa avoa, encantada coa súa fala.

Mantén moi ben o misterio da marcha do pai ata o final. A historia de Luz é a historia de moitas mulleres que sufriron en silencio e a pesar diso ten constantemente toques de humor.  É todo envolto no tema dos coidados.

 

 

 

  

 


  

AUTOR

Manel Loureiro (Pontevedra, 1975) é escritor, avogado e presentador, e tamén traballou como guionista en numerosos proxectos. Actualmente colabora como columnista en varios medios impresos nacionais, así como en diversas canles de radio e televisión. Deuse a coñecer no mundo literario despois de publicar a novela Apocalipsis Z por entregas e como blog de ficción. A súa gran popularidade levouno a publicar o libro xunto con Dolmen, como parte da súa colección dedicada ao xénero Z.

Desde entón, Loureiro publicou varias novelas nos xéneros de terror e misterio, que foron traducidas a máis de vinte idiomas. É un dos poucos autores españois contemporáneos cuxos libros chegaron á lista de máis vendidos nos Estados Unidos.

 

NOVELA

- Cuando la tormenta pase 2024 

- La ladrona de huesos 2022 

- La Puerta 2020

- Veinte 2017

- Fulgor 2015

- El último pasajero 2013

- Apocalipsis Z La ira de los justos 2011

- Apocalipsis Z Los días oscuros 2010

- Apocalipsis Z 2008

 

La Puerta  e o titulo que trae a Manel Loureiro a compartir coa súa presenza no seno de HABELAS HAINAS a tarde de este xoves 3 de xullo.

Manel Loureiro segundo el mesmo

Levo na mochila unha morea de libros escritos e experiencias vividas, entusiasmo e dedicación; fala da súa carreira con emoción nos ollos. «A imaxe dos avogados que eran capaces de conseguir cousas convencendo á xente coas súas palabras resultoume fascinante». E así comecei a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. A cidade converteuse no meu refuxio durante os meus estudos.

Durante ese tempo, decateime de que ese non sería o meu futuro. «Descubrín rapidamente que o mundo do dereito non era como as series de televisión, era lixeiramente diferente», e o 30 de novembro de 2005 comecei a escribir «por accidente». Unha historia zombi. «Quería contar algo o máis afastado posible do mundo do dereito; estaba canso de usar unha linguaxe tan técnica», lembra.

O que non sabía entón era que estaba ante o comezo dunha avalancha brutal, que non paraba e que continúa ata hoxe. «Comecei a escribir e decidín publicar a historia nun blog e, por suposto, estamos a falar do ano 2005, coa internet prehistórica, nin sequera existían as redes sociais. É dicir, apostei por "se queres, lee" e, de súpeto, pasaron cousas».

Dos catro lectores apaixonados polo mundo dos zombis, un millón e medio visitaban o blog todos os días para ver se había algunha novidade, non o podía crer. «Quedei abraiado».

«Creo de verdade que son vítima da síndrome de Forrest Gump. A miúdo estou no lugar axeitado, nas circunstancias axeitadas, no momento axeitado; e estou encantado. Esa é a miña vida, unha sucesión de coincidencias», subliña . Apocalipse Z publicouse en 2007 e en cuestión de semanas converteuse nun éxito de vendas e, por suposto, xurdiu a pregunta do millón: por que os zombis? "Era o máis afastado do mundo do dereito. Hai algo máis afastado do dereito que un zombi?"

Romero e a súa Noite dos mortos viventes tiñan moito en común: "Cando a vin de neno, estaba pegado á pantalla". E así  continuei escribindo, noite tras noite, día tras día, ata que me decatei de que escribir ía transformar a miña vida.

«Son un privilexiado, hai moi pouca xente que se gaña a vida escribindo, contando historias», di agradecido.

TRAMA

Un crime ritual. Unha muller desesperada por salvar o seu fillo. Manel Loureiro sorprende cun thriller ambientado na misteriosa e lendaria Galiza.

O descubrimento do corpo dunha moza, asasinada mediante un antigo ritual aos pés da mítica Porta de Alén, desconcerta os seus investigadores. A axente Raquel Colina é unha recen chegada a este recuncho remoto de Galiza, que intenta salvar o seu fillo, a quen a medicina xa non pode curar. Sen outra opción, e chea de dúbidas, Raquel recorrera a unha curandeira local, que lle prometeu curala.

Non obstante, a misteriosa desaparición da curandeira e o descubrimento da vítima na Porta fan que Raquel sospeite que os dous casos poden estar relacionados. Coa complicidade da súa parella, nun entorno máxico e rural que non acaba de entender e onde todos parecen gardar un segredo, a axente comeza unha conta atrás desesperada para resolver o caso e así atopar a última táboa de salvación que lle queda ao seu fillo.

 

OPINIÓNS DAS E DOS PARTICIPANTES NO CLUB DE LECTURA:

 

 


AUTOR

Fernando Salgado Varela,  nado en Cerdedo o sete de setembro de 1959, é un xornalista e escritor galego, neto de Francisco Varela Garrido. Traballou en Diario de GaliciaAtlántico Diario e  A Voz de Galicia. É delegado do Diario de Pontevedra na comarca do Salnés. Colaborou en Tempos NovosA Trabe de OuroArdentía e Sustansia. Tamén colabora con Radio Arosa.

   

OBRAS

-Elefantes y Hormigas (2013)

-El humo del diablo (2015)

-El fútbol en Galicia (2016)

-1306/36 (2018). Biografía de Pancho Varela

-Papel de estraza (2022)

-¿Qué miras? (2023)

¿Que miras?,  e o titulo que trae a Fernando e Susi a participar nesta ocasión, coa súa presenza no seno de HABELAS HAINAS, a tarde de este xoves 7 de xullo. Onde nos falaran do libro que Fernando escribiu sobre Susi, toda unha ollada á experiencia persoal e á convivencia social coa acondroplasia, un trastorno xenético do crecemento.

A andaina profesional de Fernando Salgado levouno a coñecer a Susi Maquieira hai uns quince anos, ela natural de Cuntis, presidía unha asociación de inclusión social para persoas con discapacidade na comarca do Umia, o que espertou o interese do xornalista arousán.

Fernando cóntanos de Susi que: "Fixo tirolina desde Morro de São Paulo, patinou sobre xeo e escorregaba pola neve no Canadá; viviu de estudante en Roma, visitou Londres e viaxou ás Illas Canarias varias veces". Continua dándonos a coñecer Fernando de Susi que, "Cando tiña vinte anos, tinguíuse o pelo. Ten unha licenza que lle permite ser patróna dunha embarcación de recreo. Pinta e garda en catro álbums os patróns que debuxou durante a súa época traballando en moda e deseño. Encántalle a música e gústalle estar na primeira fila nos concertos dos seus artistas favoritos".

A agora viguesa Susi Maquieira Velay relátanos, que nos tempos de hoxe, a calquera que a mira con sorpresa pregúntalle: "Que estás mirando?" e ​​despois explícalle educadamente como mide 110 centímetros, e non é unha atracción de feira; aínda que algunhas persoas non queren recoñecer que estaban pensando iso. A miúdo tiña que escoitar comentarios sarcásticos pola rúa, pero sendo como é agora unha persoa feliz sen complexos, apunta que non sempre foi así, de adolescente sufriu acoso escolar e anorexia, pero conseguiu superalo, e un bo día, decidiu que tiña que seguir adiante.

TRAMA

Narra a vida de Susi Maquieira Velay, unha muller con acondroplasia nacida en Cuntis e de 52 anos, á que os seus 110 centímetros non lle supuxeron un freo

 

OPINIÓNS DAS E DOS PARTICIPANTES NO CLUB DE LECTURA:

 

 

 

 


   

AUTOR

Pedro Feijoo naceu en (Vigo no ano 1975) músico e escritor, licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como músico, produtor, compositor e membro dalgúns proxectos musicais galegos como Los Feliz e Lamatumbá. En 1997 publicou o seu primeiro libro.

Pedro Feijoo publica as súas obras en galego e ao longo da súa carreira converteuse nun verdadeiro fenómeno literario en Galiza, onde a súa produción é recoñecida tanto polo público como pola crítica.

Algunhas das súas obras:

NARRATIVA

 -Os fillos do mar (2012). Xerais

-A memoria da choiva (2013). Xerais

-Morena, perigosa e románica (2015). Xerais

-Os fillos do lume (2017). Xerais

-Sen piedade (2018).

-Un lume azul (2019). Xerais

-Ninguén contará a verdade (2023). Xerais

ENSAIO

-Viva o Fu Remol! (2005) Xerais

-Camiñar o Vigo vello. Un paseo pola historia da cidade (2018). Xerais

Sen piedade  e o titulo que propón HABELAS HAINAS nesta ocasión para a súa lectura,  unha novela  terrible e dolorosamente persoal, de amizade, de amor, de fracaso, unha narrativa con aire de novela negra clásica, segundo o autor.  Unha historia onde os protagonistas (Gordo e Teo) dan luz á trama sen seren os propios protagonistas, porque sen sequera estar no argumento, as verdadeiras estrelas son as mulleres, cuxa presenza ou ausencia o é todo. Mulleres que, sen ter voz na narrativa, seguen transmitindo unha crónica de dor e tristeza.

TRAMA (sinopse da editorial)

Podería contar moitas cousas daqueles dous días. Pero supoño que agora o único que importa é que Gordo era o meu mellor amigo, e que eu estaba fodido coma nunca. Porque ela xa non quería saber nada de min. E eu queríaa, maldita sexa, queríaa. Por riba das cidades, por riba das autoestradas, por riba do mar e das estrelas, eu estaba tolo por ela... Pero agora non parecía disposta a escoitarme. E Gordo comprendeuno. «Neno, o que ti necesitas é unha boa festa», dixera. E así foi como decidimos tomar prestado o coche do vello, un impresionante Dodge Charger do 68, e botarnos á estrada nunha viaxe feroz. A tumba aberta. Sen coidado nin precaución, sen tregua, sen límites. Sen piedade.

 

OPINIÓNS DAS E DOS PARTICIPANTES NO CLUB DE LECTURA:

 

 


    

AUTOR

Mark Haddon  escritor, guionista e ilustrador británico naceu en Northampton o 26 de setembro de 1962. Estudou literatura inglesa no Merton College de Oxford e completou os seus estudos na Universidade de Edimburgo. Traballou durante un tempo axudando a persoas con discapacidade mental e física e traballou como ilustrador para xornais e revistas.

A partir de entón, comezou a escribir libros infantís, como Gobstopper de Gilbert, a súa primeira obra. Posteriormente publicou moitas outras historias e apareceu en programas de televisión.

 

Algunhas das súas obras:

NOVELA

 - El curioso incidente del perro a medianoche (2003) Círculo de Lectores

- Un pequeño inconveniente (2006) Alfaguara

- El hundimiento del muelle (2018) Malpaso

LIBROS INFANTÍS 

- Gilbert's Gobstopper (1987)

-Gridzbi Spudvetch! (1992)

-Agent Z Meets the Masked Crusader (1993)

-Agent Z Goes Wild (1994)

-Agent Z and the Killer Bananas (2001)

 

O curioso incidente do can á media noíte e o titulo que propón HABELAS HAINAS nesta ocasión para a súa lectura. O autor transmite maxistralmente a forma de pensar e actuar dunha persoa con autismo, fai que simpatices co protagonista en todo momento e que sintas como se che estivese falando directamente, conectas con el, ves o mundo a través dos seus ollos e arrímaste incriblemente a el. Tenra, esperanzadora e, sobre todo, motivadora e inspiradora.

Non é unha novela de misterio sobre quen matou o can da veciña, que é como se está comercializando. É unha historia fantástica para aprender moito sobre a síndrome de Asperger e coñecer a un personaxe tan magnífico como Christopher.

TRAMA

 É a historia de Christopher, un rapaz de 15 anos con síndrome de Asperger que atopa morto o can da súa veciña e decide converterse en detective para atopar o culpable. Durante a súa investigación, Christopher descobre que o seu pai mentiu sobre a morte da súa nai e que foi el quen matou o can. A viaxe de Christopher a Londres para atopar á súa nai revela segredos familiares e lévao a cuestionar o mundo dos adultos, culminando nunha nova vida e unha reconciliación co seu pai.

A novela explora como a busca da verdade por parte de Christopher revela os segredos e as mentiras que os adultos que o rodean tentaron ocultar. A viaxe de Christopher é unha historia de crecemento persoal, mentres se enfronta á verdade e aos desafíos da vida para construír un futuro coa súa familia.

 

OPINIÓNS DAS E DOS PARTICIPANTES NO CLUB DE LECTURA:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Comentarios

  1. Guau, vaia traballazo publicar aquí todo o historial de lecturas!!!! Maravilhaaaa

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Debate sobre do libro Saberes de María Da Vrea